Sunday 05 de May de 2024

Cambre licita o servizo de Desratización e desinfección por un importe de 81.000 euros


As empresas que realicen o servizo deberán manter o servizo nas Zonas de dominio público, así como patios de colexios e demais bens de uso público municipal destinados directamente ao uso común xeneral dos veciños

Cambre licita o servizo de Desratización, Desinfección e Desinsectación en edificios e instalacións do municipio de Cambre por un importe de 81.090 sen iva. As empresas interesadas poderán realizar as súas ofertas ata o próximo día 9 de xaneiro de 2017.

As empresas que realicen o servizo deberán manter o servizo nas Zonas de dominio público, así como patios de colexios e demais bens de uso público municipal destinados directamente ao uso común xeneral dos veciños: Rede xeral de alcantarillad, rede xeral de iluminación pública e rede de telecomunicacións municipal, desaugadoiros de colectores, parques e xardíns municipais, proximidades de galerías de alimentación, mercados e almacéns de produtos comestibles, bombeos de augas residuais, estacións depuradoras de auga potable e estacións de augas residuais, puntos limpos, vertedoiros incontrolados e vertedoiros en zonas de dominio público ou en vivendas, locais ou instalacións de calquera tipo que presenten un risco sanitario, sempre a requirimento dos Servizos Sociais do Concello de Cambre.

A campaña de desratización perseguirá como finalidade a erradicación das ratas e ratos en superficie, e o establecemento do equilibrio biolóxico en zonas de dominio público e centros e dependencias de competencia municipal incontrolados, etc,

Cada ano, na época de maior proliferación, levará a efecto unha fase de choque, correspondente ao 60% do total dos pozos de rede de sumidoiros (estimado unhas 1.600 uds) que se pretenden desratizar, tratándose coa duración adecuada ao grao de infestación, empregando un mes como mínimo de tratamentos superficiais e rede de sumidoiros. Durante esta fase, o adxudicatario deberá vixiar e repasar de forma intensiva (cada 3 ó 4 días) os puntos onde se colocaron os portacebos co produto raticida, ou as bolsitas deste, repoñéndose en cada repaso da zona cando sexa preciso. Ademais, durante a fase de choque, deberá reforzarse o equipo do persoal destinado ás tarefas de desratización, se iso fose necesario.

O resto do ano non dedicado ás fases intensivas, a desratización continuará ininterrompidamente, repoñéndose con novo produto os lugares que sexa necesario.
Para iso, o contratista deberá poñer a disposición do servizo un equipo fixo e suficiente de persoal e medios, que se dedicarán non só á reposición de cebos, (como mínimo realizaranse dous días ao mes), senón tamén a tratar todos aqueles lugares onde se denuncie polos veciños do municipio a existencia de focos de ratas ou ratos.